Bingo das Letras Galegas


Ola a todas e a todos!

Co gallo da celebración das Letras Galegas, hoxe compartimos convosco o bingo das Letras Galegas ao que xogamos co noso alumnado de xeito virtual.

Obxectivos:

A. Aprendermos sobre a vida e obra de Ricardo Carvallo Calero, homenaxeado das Letras Galegas 2020.
B. Lembrar homenaxeados doutras edicións das Letras Galegas.
C. Gozar dun tempo lúdico e de aprendizaxe.

Material:

Metodoloxía:

  1. Prememos na ruleta e riscamos ao homenaxeado que saia se o temos no noso cartón. Podemos aproveitar para recordar brevemente algún feito relevante dos persoeiros que vaian saíndo. 
  2. Cando unha persoa complete liña poderá lanzarlle unha pregunta de Carvallo Calero ao contrincante que desexe (o obxectivo e repasarmos a súa biografía). Estas preguntas xa están traballadas previamente a través do xogo interactivo do Quizizz.
  3. Gaña o primeiro que consiga riscar todos os homenaxeados e cantar bingo.

Agardamos que vos divirtades tanto coma nós!